null O Concello de Ribeira adxudica a instalación de iluminación LED na Praza Avenida do Malecón
O Concello de Ribeira adxudica a instalación de iluminación LED na Praza Avenida do Malecón
Whatsapp: O Concello de Ribeira adxudica a instalación de iluminación LED na Praza Avenida do Malecón

O concello de Ribeira adxudicou a instalación de  luces LED na Praza Avenida do Malecón cun presuposto de licitación de 48.394,97 euros. 

A praza Avenida do Malecón e o parque infantil son un espazo de recreación pero tamén 
sitio de paso para o acceso a diversos lugares de interese cidadán; como a Oficina de  Consumo e Turismo de Ribeira, o Centro de Saúde ou a Axencia Tributaria. A iluminación  existente non é suficiente para garantir a seguridade dos visitantes e o correcto  funcionamento do parque; por iso o reforzo lumínico nesta praza pública vólvese esencial para facer un uso axeitado e seguro da zona. O reforzo consistirá na instalación de 3 columnas dotadas de 15 proxectores con ópticas LED.

“Unha iluminación axeitada contribúe a crear unha contorna segura para a veciñanza,  especialmente para os nenos que xogan no parque. Permite unha mellor visibilidade,  reducindo os riscos de accidentes” afirma o alcalde Luís Pérez. 

O proxecto, cofinanciado nun 80% polo “Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)  no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible, executarase no prazo dun  mes.