null Campamentos Deportivos Verán 2024
Campamentos Deportivos Verán 2024
Whatsapp: Campamentos Deportivos Verán 2024

A Deputación da Coruña, acaba de conceder ao Concello de Ribeira, 12 prazas para participar na 1ª quenda dos “Campamentos Deportivos Verán 2024”,a cal terá lugar dende o 23 ao 28 de xuño.

Este campamento está destinado a nenos/as empadroados/as no concello de Ribeira, nacidos/as entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.

As persoas participantes neste programa desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os nenos/as poderán gozar dunha ampla variedade de actividades.

A entrada dos/as rapaces/as na instalación será o domingo entre as 18:00h. e as 19:30h., e a saída o venres seguinte entre as 16:00h. e as 17:00h..

A Deputación asume a maior parte dos gastos que ocasiona o campamento; transporte de todas as persoas participantes para as distintas actividades, así como das entradas se fosen necesarias e do material para poder levar a cabo as actividades programadas.

Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85,00€ (unha vez lle sexa confirmada a praza).

As inscricións das persoas participantes realizaranse no Rexistro Xeral do concello de Ribeira (xuntando a ficha de inscrición máis a documentación requirida), ata o 28 de maio de 2024.

Documentos