null Ribeira festexará o Día do Orgullo LGBTI con diversas actividades lúdicas e musicais
Ribeira festexará o Día do Orgullo LGBTI con diversas actividades lúdicas e musicais
Whatsapp: Ribeira festexará o Día do Orgullo LGBTI con diversas actividades lúdicas e musicais

Hoxe tivo lugar a presentación da campaña en defensa dos dereitos e liberdade que o Concello de Ribeira vai a desenvolver o vindeiro 28 de xuño, “Día do Orgullo LGTBI”.

O alcalde, Pérez Barral, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a técnica de Igualdade, Dolores Crujeiras definiron a programación, onde destacan, un acto institucional e reinvindicativo, unha exposición bibliográfica LGTBI na biblioteca, obradoiros pola diversidade afectivo-sexual na rúa, un sesión musical de “Señora DJ”e tamén o concello se sumaraá á campaña da Deputación da Coruña “Liberdade de ser e sentir”.

O alcalde destacou que “Ribeira é unha cidade tolerante, aberta e que está orgullosa de ser diversa, porque a diversidade afectiva é algo que nos implica á toda sociedade por igual e, polo tanto, temos que lanzar dende os poderes públicos unha mensaxe de tolerancia e respecto cara as diferentes persoas independentemente da súa condición afectivo-sexual”

A cidade vaise engalanar, con cartelería, photocall e luces para a ocasión.

 

Acto institucional
Data: 28 de xuño.
Horario: 12:00 horas.

Localización: Centro Cultural Lustres Rivas.

Señora DJ
DATA: 28 de xuño.
Horario: 23:00 horas.

Localización: Praza Porta do Sol.

Exposición bibliográfica LGTBI
Data: Ata o 5 de xullo.
Horario: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Localización: Biblioteca Municipal.

Talleres na Rúa pola Diversidade Sexual

Data: 3 de xullo.
Horario: De 10:00 a 14:00 horas.

Localización: Rúas do Casco Urbano