null Turismo de Ribeira presenta “O camiño de mitos e lendas” con Tonhito de Poi
Turismo de Ribeira presenta “O camiño de mitos e lendas” con Tonhito de Poi
Whatsapp: Turismo de Ribeira presenta “O camiño de mitos e lendas” con Tonhito de Poi

Hoxe presentouse unha nova iniciativa de Turismo de Ribeira que incide no valor dos
mitos e lendas para contextualizar aos nosos visitantes da cultura ancestral da Galicia
máxica.

Suarez-Puerta explicou que “é un produto novidoso que imos a facer este ano no
que se pretende ensalzar a nosa tradición, a cultura e a música. Precisamos que os
que acudan a visitar Ribeira e a propia veciñanza teñan a oportunidade de coñecer
de primeira man os mitos e lendas da nosa terra; coma galegos que somos, temos
unha conexión ca historia disolta na mitoloxía e nas lendas que viaxaron no tempo de
xeración a xeración co lume coma testigo”

 

Tonhito de Poi fixo una pequena reflexión sobre o transcendental da vida en sintonía
ca natureza nos pobos.
Ao final do percorrido mitolóxico haberá música con Tonhito e petiscos.

Información:
· Saídas o 12 de xullo, 3 e 24 de agosto, 14 de setembro de 19.30 a 22.30h
· Prazas limitadas: 60 px
· Oficina de Turismo do Malecón (Ribeira) 981 873 007

 

“Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña”