1 · Con respecto a aqueles titulares que manifestan que xa teñen as fincas limpas, pero esa limpeza a efectuaron con posterioridade á data da inspección, que teñen que facer? Pois ben, non teñen que indicar nada ou ben realizar escrito e instancia xenérica que teñades no cello indicando que a finca con referencia catastral que sea xa está limpa.
2 · Con respecto a aqueles titulares que manifestan que a finca non lles pertence, ben porque está mal no Catastro, ou ben porque a venderon fai tempo pero non consta o cambio do titular no Catastro, que teñen que facer? En instancia xenérica do concello indicar que a referencia catastral que sea non lles pertence polo motovo que sexa, como nunca lle pertenceu, xa a venderon, etc. Etc.
3 · Hai algún visor que permita ver a afección de cada parcela sen necesidade de consultar o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra incendios? Na seguinte dirección teñen acceso as faixas dos concellos que teñen os Plans aprobados: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/ . Na lupa poden buscar a finca por referencia catastral ou ben por provincia, concello, parroquia e nucleo.
Tamén se pode utilizar o sistema de información xeografico de parcelas: https://sixpac.xunta.es/visorhtml5/
4 · Os titulares que reciben a notificación e teñen que efectuar corta de arborado, tendo en conta os prazos en que os madeireiros lles poden efectuar a corta, que deben facer? Teñen que xustificar que están tramitando esa corta e aportar algunha documentación que o xustifique? A onde se poden dirixir para manifestar esas circunstancias? Tamén en instancia xenérica do Concello que indiquen que teñen a madeira vendida ou permiso de corta e que solicitan ampliacion de prazos. Se o estiman poden adxuntar documentación que teñan.
Uso do lume e seguridade:
· O índice de risco diario de incendio forestal (IRDIF), que pode consultar no seguinte enlace https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/defensa-monte/irdi non poderá ser maior de alto.
· O vento non pode ser superior a forza 3, escala Beaufort (non se moven as ramas grosas das árbores).
· Asegurarse de ter unha distancia maior de 3 metros desde o lume a calquera combustible susceptible de propagalo.
· Permanecer vixilante e xunto ao lume durante todo o tempo que estea acendido, procedendo a apagalo rapidamente se o vento provoca situacións de risco.
· Non queimar follas, papeis ou combustible fino, cuxas charamuscas poidan ser transportadas pola columna de fume.
· Non acumular gran cantidade de combustible, engadíndoo sempre de forma progresiva.
· Ter auga suficiente ou alguún medio de extincioón eficaz a man.
Coidado do entorno:
Débese manter limpo o entorno, retirando o lixo que se xere e depositandoo dentro dos contedores instalados para tal fin.
Disposición adicional terceira da lei
- Determínase as seguintes especies aos efectos da xestión da biomasa vexetal e da ordenación das repoblacións forestais, nos terminos da presente lei.
2. En todo caso, poderán conservarse as árbores das especies sinaladas no número anterior en calqueira clase de terreos incluidos nas redes primarias e secundarias de xestión de biomasa, no caso de tratarse de árbores singulares ou aqueles que cumpran funcións ornamentais ou que se empracen en espazos de lecer (sempre que se manteña unha discontinuidade horizontal e vertical do combustible) ou estén aillados e non supoñan un risco para a propagación de incendios forestais.