Ribeira 20 de setembro de 2024
Hoxe celebrouse a III Xornada de Pesca de Ribeira na que asistiron á súa apertura, Alfonso Villares, conselleiro do Mar, Gloria Mª Santalla, directora da Escola Oficial Náutico-Pesqueira e Mª José Casáis, xerente de OPP83; ademais estiveron presentes na xornada o alcalde Luís Pérez, o concelleiro de Sanidade, Juan Luís Furones, entreoutras autoridades.
Nunha xornada ateigada de relatorios e de público, abordáronse diferentes cuestións para o futuro do sector así como novos regulamentos, a comercelialización, as oportunidades financiamento, a situación da pesca no litoral, as cuotas, os descartes e a política de pesca da Unión Europea.
Barral puxo de manifesto que os foros de debate son imprescindibles para seguir mellorando noso propio sector e finalmente agradeceu que “Ribeira poida acoller eventos como este, por iso reitero o meu agradecemento á Cooperativa de Armadores. Anímovos a que sigamos traballando xuntos, coa mirada posta nun futuro sostible para a nosa pesca e para o noso mar”.