Ribeira, 22 de outubro 2024
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional estivo esta mañá na Estación de Autobuses de Ribeira para recibir á primeira persoa teletransportada dende Madrid. Sumouse a apoiar a iniciativa a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla.
O teletransportador da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física e Orgánica (COCEMFE) e o seu Movimiento Asociativo non funcionou, mais foi o protagonista na presentación da campaña: “Teletransporte contra a discriminación”.
Se a ciencia por fin tivera conseguido deseñar e construir un teletransportador sería a nova do século, sobre todo, para as persoas con diversidade física e orgánica. Lamentablemente aínda estamos moi lonxe de conseguir tal avance e teremos que facer uso dos medios de transporte que de momento temos ao noso alcance.
Con esta campaña, Ambar xunto ó Movemento Asociativo de COCEMFE denunciaron a falta de accesibilidade nos medios de transporte e exixiron que se cumpran as leis de accesibilidade de maneira simultánea nun total de 28 cidades do país.
No acto participou Cruz Rivadulla, concelleira de Diversidade; Sheila Santos, técnica de accesibilidade; Lydia Parga, terapeuta ocupacional e persoas usuarias da Asociación Ambar. Para rematar a acción, Tony Estévez e Vanessa Villar, persoas usuarias de Ambar, fixeron lectura dun manifesto:
“…Como a día de hoxe, non podemos teletransportarnos, ata que o teletransporte sexa viable como na serie Star Trek, queremos que os nosos transportes urbanos e interurbanos cumpran coas leis de accesibilidade e deixen de ser discriminatorios.
Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional Lg de Granxa, 5 - San Roque, 15967 Ribeira (A Coruña) 981 875 475 |607 356 550
A través desta campaña, exiximos que se nos garanta a accesibilidade universal en infraestruturas e vehículos. Aquí queremos incluír a dispoñibilidade de puntos de recarga e subministro eléctrico para dispositivos médicos esenciais como os equipos de oxíxeno líquido, fundamentais para persoas con discapacidade orgánica que requiren apoio respiratorio. ...”
Esta campaña está financiada a través das subvencións para a realización de actividades de interese xeral consideradas de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.