O Lirio de Ribeira expándese a Pobra do Caramiñal nunha edición con máis dunha vintena de bares e restaurantes participantes.
A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira presentou a mañá deste xoves na Oficina de Turismo do Malecón a terceira edición do ROTEIRO CO LIRIO. O evento gastronómico, que se celebra por terceiro ano consecutivo na capital do Barbanza, terá lugar o 2 de novembro en Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Ao longo da xornada, os bares e restaurantes adheridos ofrecerán aos seus clientes diferentes e innovadoras tapas gratuítas de LIRIO DE RIBEIRA.
Na presentación estiveron presentes o presidente da Cooperativa, Juan Antonio Pérez, a xerente da Cooperativa, María José Casais, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Juan Carlos Vidal, o segunfdo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta,o concelleiro de Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, , a rexedora de Cultura do Concello da Pobra, Patricia Lojo, a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Ribeira, Paula Chouza, o presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Pobra, José Antonio Vidal, e o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez. Casais, que comezou a súa intervención enviando unha sentida mensaxe en recordo ás vítimas da DANA que desgraciadamente azouta o país, agradeceu a todos os axentes implicados a celebración deste III ROTEIRO CO LIRIO, especialmente aos bares e restaurantes participantes, aos que cualificou de “mellores embaixadores do noso Lirio de Ribeira”. Nesta mesma liña, salientou a calidade do peixe capturado baixo as redes da marca colectiva Lirio de Ribeira e engadiu que con este roteiro preténdese, non só promocionar este produto pesqueiro de “frescura e calidade EXTRA”, senón tamén dinamizar a variada e rica oferta hostaleira que temos en ambas as localidades, e fomentar o consumo de peixe entre a poboación, ofrecendo unha oferta culinaria diversa, divertida e deliciosa.
Pola súa banda, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, felicitou á Cooperativa Santa Uxía de Ribeira pola realización deste tipo de eventos que sitúan Barbanza no mapa gastronómico e manifestou o compromiso do Concello para continuar promocionando o Lirio de Ribeira. Abraldes destacou a importancia do Lirio de Ribeira na comarca e a necesidade de dalo a coñecer no resto de España: “Hai que levar o valor dos nosos produtos pesqueiros, do noso Lirio de Ribeira, por todoo territorio, xa que se trata dun peixe dunha calidade extraordinaria que
forma parte da identidade do noso pobo”.
Pola súa banda, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Juan Carlos #Vidal, deu as grazas á OPP83 por contar coa Pobra neste III ROTEIRO CO LIRIO, que prognosticou gozará dun “resultado estupendo” na localidade. Mentres tanto, a concelleiro de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, declarou que esta é unha excelente oportunidade para promocionar o produto local, “dinamizar os concellos” en épocas de menor afluencia e constitúe unha “moi curiosa forma de probar o Lirio de Ribeira con moi receitas innovadoras que demostran a versatilidade deste excelente produto”.
ROTEIRO CON 25 TAPAS DE LIRIO EN RIBEIRA E A Pobra do Caramiñal
A Cooperativa consolida esta xornada gastronómica nunha comarca cunha importante cultura da tapa. No seu afán por manter unha estreita colaboración coa hostalería do territorio e para promover o peixe fresco de Ribeira, a OPP83 facilita @gratuitamente e fileteado o lirio aos hostaleiros participantes coa única condición de ofrecer xunto ás consumicións tapas gratuítas de LIRIO DE RIBEIRA.
Unicamente pagarán os clientes dos restaurantes que consuman un prato deste peixe incorporado ese día ao seu menú.
Os veciños e turistas de Ribeira e A Pobra poderán gozar ao longo do 2 de novembro
das excelentes tapas creadas por: Tapería A Recoveira, Pub Brétema, A Fiestra Café-Bar, Chiringuito Pedra Pateira, Pizzeria D’Vicio, Restaurante Tío Pepe, Bar Esmorga, Café Praza, A de Baldomero, Tapería A de Maris, A Taberna de Horse Luis, Bulebar, Cafetería Cocoluche, Bar Porrón 2.0, Bar Zum Zum, Bar Alameda, Bar A Rúa, Bar Miramar, O meu Manda Picone, Restaurante A de Rosa, Bar Galeón, Sisal Restaurante, Bar Lombiña e 420 Bar. Nas canles de comunicación facilitados pola OPP83, os interesados poden atopar a lista de establecementos, as tapas
e o mapa coa localización de cada un deles.
A Organización de Produtores Pesqueiros contou coa colaboración do Concello de Ribeira, o Concello da Pobra, e as asociacións de empresarios e hostaleiros de ambos os municipios. Esta acción forma parte do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) da OPP83 para este ano, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) e a Xunta de Galicia