NORMATIVA INSCRICIÓN NENOS/AS PARA PARTICIPAR NA CABALGATA DE REIS DE RIBEIRA 2025 (normativa aprobada na XGL do 21/11/2024)
A capacidade máxima de cada carroza real será de dez menores, mentres que nas tres temáticas será de doce menores, cun total de 66 participantes. Os nenos/as que se inscriban no sorteo optarán a unha praza en calquera das carrozas sendo a organización quen distribúa aos mesmos facilitando os traxes de paxes segundo as súas idades.
• Empadroados en Ribeira
• Ter unha idade de 5 a 10 anos (ambos cumpridos á data de celebración, 05/01/2025)
O procedemento de inscrición será mediante un formulario, de xeito online a través web www.ribeira.gal no que haberá que cubrir obrigatoriamente os seguintes datos:
- Nome e apelidos e DNI do pai/nai/titor
- Nome, apelidos e data de nacemento do participante
- Lugar de empadroamento
- Teléfono e correo electrónico de contacto.
- Así mesmo deberán indicar tamén se o/a participante ten algún tipo de necesidade especial ou discapacidade, neste caso deberá ter capacidade de integración no grupo e non presentar trastornos que poidan alterar o desenvolvemento da actividade.
O concello comprobará de xeito administrativo que o participante está empadroado e cumpre co requisito de idade; serán excluídos os que non cumpran con estas condicións.
O período de inscrición será do 25 de novembro ao 15 de decembro, ambos os dous incluídos.
Se o número de solicitudes supera ás prazas ofertadas realizarase un sorteo público para determinar os seleccionados/as, tendo lugar no C.C. Lustres Rivas o martes 17/12 ás 12:30 h.
A listaxe provisional de participantes seleccionados publicarase na web municipal o 17 de decembro, tendo que confirmar a asistencia do 18 o 22 de decembro no correo culturaefestexos@ribeira.gal; quen non confirme perderá a praza sendo substituído polo seguinte na listaxe de agarda.
A listaxe definitiva de participantes publicarase na web municipal o 23 de decembro, tendo os días 26, 27 e 30 para recoller o seu traxe de paxe no CC Lustres Rivas de Ribeira. As persoas que non recollan o traxe perderán a praza sendo substituídas en beneficio da lista de agarda.
Á recollida do traxe, deberase ademais entregar unha fotocopia do dni ou da folla do libro de familia do/a participante a efectos de Seguro de Accidentes, así como cubrir unha folla de entrega responsabilizándose do bo uso do disfrace e a súa devolución unha vez realizada a actividade.
Os/as participantes irán acompañados en cada carroza dun monitor/a de tempo libre, non podendo ningún pai ou nai montar na carroza; rogase a os pais e nais que eviten permanecer pegados a elas co fin de garantir a seguridade e vistosidade do desfile.
Os/as participantes deberán acudir vestidos co traxe de paxe o 05/01/2025 ás 17:30 h na carpa municipal da rúa de Galicia para proceder a subir á carroza correspondente, tendo que ser recollidos polos seus pais/nais/titores na rúa HMR Talleres El Nervión o mesmo día ao remate do desfile (aproximadamente sobre as 19:30 h).
Agradécese a colaboración dos/das participantes traendo unha cesta ou similar para os caramelos que facilitará o concello para que arroxen durante o desfile. O concello vai adquirir 2500 quilogramos de caramelos sen glute se sabores surtidos para o seu reparto neste evento.