As Aulas CeMIT de Ribeira e Cuntis foron elixidas, por ser as máis activas o pasado ano 2024 na celebración e difusión de seminarios e obradoiros presenciais, de entre tódalas Aulas CeMIT de Galicia.
Xoves 13 de marzo de 2025
Despois dun intenso Entroido Dixital e debido á grande demanda dos alumnos e alumnas a aula CeMIT de Ribeira presenta novos cursos xunto cun obradoiro para a Semana Santa Dixital.
A presentación destes cursos levouna a cabo esta maña o concelleiro de Novas Tecnoloxias, Francisco Suárez-Puerta que informou de todas as actividades e cursos polo miúdo. O concelleiro puxo en valor e agradeceu o traballo que se esta facendo dende a aula CeMIT de Ribeira “que ven de ser elixida xunto a Cuntis as aulas máis activas de Galicia”.
Venres, día 4 de Abril - Exáme para acadar a certificacion COMDIX Certificado de Competencias Dixitais, nivel Iniciación)
Dúas quendas:
1. De 10:00 a 12:00 h. 2. De 12:00 a 14:00 h.
Semana do Luns 07 o Venres 11 – Curso intensivo de LibreOffice Nivel Medio (10 horas) – De 10:00 a 12:00 h. (Para persoas que xa parten dun mínimo de nivel de LibreOffice)
WRITER nivel medio - Editor de texto de LibreOffice: Táboas, formato de parágrafo, estilo de páxina, gráficos, formularios, hiperligazóns, xestión de imaxes, marcas de agua...
CALC nivel medio - Follas de ca?lculo de LibreOffice (fo?rmulas e funcio?ns principais: sumas, promedios, condicionais...)
BASE nivel medio – Bases de datos de LibreOffice
IMPRESS nivel medio - Presentacio?ns de LibreOffice
Luns 14, martes 15 e mércores 16 – SEMANA SANTA DIXITAL (De 10:00 a 13:00 h.)
Campamento Dixital impartido por Cibervoluntarios para rapaces e rapazas de 12 a 14 anos
• Hábitos saudábeis de desconexión e benestar dixital
• Uso consciente e responsable de Internet e redes sociais
• Recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación online.
• Coidar a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais.
• Detectar e previr situacións de ciber-acoso.
Xoves 24 de Abril, de 10:30 a 11:30 h. - Taller impartido por “Fegaus” (Canal Senior) “Iniciación á improvisación: socializa e activa a túa mente”
As Aulas CeMIT de Ribeira e Cuntis foron elixidas, por ser as máis activas o pasado ano 2024 na celebración e difusión de seminarios e obradoiros presenciais, de entre tódalas Aulas CeMIT de Galicia.
As charlas ou obradoiros serán impartidos pola federación “FEGAUS” (Canal Senior) están orientadas para persoas maiores de 55 anos, e co obxectivo de axudar a mellorar a calidade de vida con actividades que falan de benestar, cultura, tecnoloxía, saúde física e mental, viaxes e emprendemento “senior”.
Neste obradoiro, haberá? varios módulos: Aprender a quentar, a despertar a memoria e a concentración, Expresión corporal e oral a través das emocións, Breve explicación e partes dunha improvisación, Creación e circunstancias do personaxe no momento da acción e Exercicio final de improvisación.
Venres, día 25 de Abril , de 11:00 a 13:00 h. - Exáme da Plataforma EMA
Son probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de tele-formación na plataforma EMA.
A plataforma EMA (Espazo Multimedia de Aprendizaxe) é unha plataforma de auto-formación na que, a través da páxina https://formacion-cemit.xunta.gal, os usuarios da rede CeMIT poden facer cursos online con dereito a diploma.
Unha vez rematados os cursos (un ou máis de un), para acadar dito diploma deben facer o/os exame/s nunha Aula CeMIT o día que a Aula teña reservado para o “Exame da Plataforma EMA”
Colomer rematou incidindo na importancia dos Campamentos Dixitais para nenos e nenas “para que interioricen a formación para posibles ameazas e o acoso na rede; saber como comportarse e saber prever situacións de ciber-acoso”. Rematou anunciando, “pouco a pouco se ira subindo de nivel con cursos diferentes que enriquecerán o panorama dixital do concello”.
Inscricións:
Teléfono: 981 87 60 43
Correo: cemit.ribeira@xunta.gal
Web: : https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira