No pasado mes de maio celebramos a segunda edición das Xornadas de Emprendemento no Obradoiro de Emprego Tahume X dentro do módulo de orientación, información profesional, formación empresarial e asistencia técnica.
De novo, tivemos a gran fortuna de contar coa colaboración do Espazo Coop que na primeira quenda das xornadas, Rosa deunos a coñecer o cooperativismo e as súas vantaxes como modelo de negocio, e na segunda parte da súa intervención convidou a dous técnicos da cooperativa ARREDA, empresa do sector forestal en Boiro, que nos compartiron a súa experiencia, que resultou do máis enriquecedora xa que a mesma xurdira dun grupo de alumnado nun obradoiro de emprego.
Por outra banda, pero non menos importante, para finalizar as xornadas, contamos co noso compañeiro Rafa da Fundación Ronsel que coma sempre a través de boas dinámicas amosou ao alumnado o camiño a seguir cara o emprendemento como saída laboral. Rafa colabora estreitamente cos concellos de Ribeira e Porto do Son asesorando a centos de persoas que desexan emprender, e en moitas ocasións dando como resultado empresas exitosas. Moitas grazas a ARREDA, a Rosa e Rafa por colaborar connosco e compartir os seus coñecementos sendo unha aprendizaxe moi valiosa para o noso alumnado.