null A vela será a protagonista na charla que impartira Juan Lustres Lampón na sala polivalente 
A vela será a protagonista na charla que impartira Juan Lustres Lampón na sala polivalente 
Whatsapp: A vela será a protagonista na charla que impartira Juan Lustres Lampón na sala polivalente 

Ribeira 4 de xuño de 2025. — No marco dos actos do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se van a celebrar do 17 ao 20 de xullo en Ribeira, presentouse hoxe unha charla que terá lugar o vindeiro xoves 12 de xuño e que leva por título; “A vela: tradición, deporte e paixón”, impartida polo veciño de Ribeira, Juan Lustres Lampón na sala polivalente do Auditorio Municipal. 

 

Á presentación da charla que tivo lugar hoxe, asistiron, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o propio relator, Juan Lustres e David Fernández, representante da Cofradía da Dorna. 

A concelleira subliñou que ”facendo homenaxe e honra a ese encontro de embarcacións, estamos facendo ao longo do ano actividades paralelas para darlle un pouquiño de pulo a este gran evento que imos ter no verán”. Antía presentou a Juan Lustres coma un veciño máis de Ribeira “que estivo anos fora como bo galego, viaxou por moitas partes do mundo e ten moita experiencia co tema da vela, participou en numerosas regatas por diferentes meridianos do planeta, e aparte de ter esa experiencia e bo saber, tamén ten paixón por este deporte”. 

Lustres adiantou que vai a ser unha charla sinxela onde se mostrará aos asistentes os conceptos básicos e os mecanismos para navegar a vela, “ideal para as persoas que queiran iniciarse neste mundo”. Aparte de ilustrar sobre os conceptos básicos da navegación a vela, Juan Lustres viaxará até os comezos da vela e a navegación de cabotaxe, contextualizando sobre as embarcacións propias da Ría de Arousa. 

Dende a concellería de Cultura e a Cofradía da Dorna animan á veciñanza a embarcarse na sala polivalente o vindeiro xoves 10 de xuño.