null A aula CeMIT de Ribeira presenta os cursos de verán nos que destaca a AI
A aula CeMIT de Ribeira presenta os cursos de verán nos que destaca a AI
Whatsapp: A aula CeMIT de Ribeira presenta os cursos de verán nos que destaca a AI

Ribeira, 11 de xuño de 2025. — No día de hoxe e como vai sendo habitual, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou a extensa programación que a aula CeMIT ten deseñada para o verán 2025.

Suárez-Puerta salientou que é unha programación “pensada para os máis mozos da casa xa que nestas datas sen cole poden ter máis dispoñibilidade ao aula CeMIT”. 

Durante o mes de xullo haberá só unha hora de formación para maiores, en horario de 13:00 a 14:00 horas, cunha programación de contidos básica que terá como novidade –-a petición dos usuarios–- dun curso de iniciación á AI. No mes de agosto a formación contará cuns contidos máis avanzados, “tal e como víñamos informando en presentación anteriores”; terá coma protagonista a IA “pero dun xeito máis avanzado”, informou o concelleiro.

Colomer pasou a informar sobre o Campamento Dixital e o Pobo Dixital que son dúas iniciativas promovidas pola Fundación Cibervoluntarios, a través das cales, de xeito gratuíto e coa colaboración da Aula CeMIT, os mozos e mozas de 9 a 14 anos adquirán os coñecementos dixitais fundamentais para o seu futuro.

Terán lugar nas instalacións da Casa da Xuventude do Concello de Ribeira; o Campamento Dixital será para a franxa de 9 a 13 anos de luns a venres de 9:00 a 12:00 horas e o Pobo Dixital, para a franxa de 11 a 14 anos de luns a xoves de 12:00 a 14:00 h.

Para unha franxa de idade máis baixa –de 8 a 11 anos– o concelleiro presentou o tradicional Verán Dixital que terá lugar de 10:00 á 13:00 horas nos meses de xullo e agosto, “a idea é que os nenos e nenas poidan estar esas tres horas aprendendo as cousas máis básicas da informática como pode ser; a mecanografía, o paquete office, a creación e edición de imaxes con paint e tamén se lle ensinará os perigos de internet e das redes sociais así como o acceso aos contidos de forma segura”. O verán Dixital tamén sumará coñecementos na impresión en 3D e no manexo e pilotaxe de drons.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías para rematar, animou a veciñanza a inscribirse “neste completo programa de cursos para o vindeiro verán”.


Inscricións:

Teléfono: 981 87 60 43

Correo: cemit.ribeira@xunta.gal 

Web: : https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira

Documentos