Ribeira, 23 de xuño de 2025 — Desde hoxe, 23 de xuño ata o 18 de xullo de 2025 está aberto o prazo de matrícula no IV Ciclo da USC.
A Universidade de Sanrtiago de Compostela na súa sedes de Ribeira oferta neste curso académico 2025-2026 oito materias nas que se poden matricular todas aquelas persoas que, maiores de 50 anos, teñan intertese polo estudo, o coñcemento, polo desenvolvemento persoal.
Para realizar a primeira matrícula é necesario que se dirixan ao Centro Cultural Lustres Rivas en horario de 9 a 14 h de luns a venres onde obterán información detallada e o correspondente formulario.
Para calquera información:
ivciclo@usc.es
normalizacion@ribeira.gal
CURSO ACADÉMICO 2025/26
DIPLOMA SENIOR EN IV CICLO UNIVERSITARIO.
SEDE DE RIBEIRA
Centro Cultural Lustres Rivas