null Hoxe terá lugar a presentación da charla co activista LGTBI cubano Yoelkis Torres na Porta do Sol 
Hoxe terá lugar a presentación da charla co activista LGTBI cubano Yoelkis Torres na Porta do Sol 
Whatsapp: Hoxe terá lugar a presentación da charla co activista LGTBI cubano Yoelkis Torres na Porta do Sol 

Luns 23 de xuño de 2025. — O vindeiro sábado 28 de xuño celébrase o Día do Orgullo no que o Concello de Ribeira a través do CIM (Centro de Información á Muller) está organizando a programación deste ano e a maiores colaborando nesta charla; contribuíndo co soporte técnico.

O acto se vai a celebrar hoxe ás 20.00 horas na Porta do Sol e está organizada por Amnistía Internacional do Barbanza na que colaboran as asociacións locais Mulleres en Acción e Malas Herbas.

Á presentación acudiron, a concelleira Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, Jessica  García, coordinadora de Amnistía Internacional Barbanza, Nela Abella de Mulleres en Acción, Marisol Guevara de Mulleres en Acción e Amnistía Internacional e Laura Ríos da Asociación Malas Herbas

A concelleira considerou que se avanzou en reivindicacións e dereitos, “pero aínda existe no mundo moito polo que traballar”; indicou que hai países no que é ilegal ter calquera das condicións LGTBIQ+,  “e mesmo perseguido”, Rivadulla puntualizou que a nivel estado tamén hai que mellorar porque “existen delitos constantes de odio contra este colectivo”. Rivadulla para rematar anunciou que Ribeira vai a ter unha serie de actividades para conmemorar esta data, “máis que conmemorar…”, indicou; “...para reivindicar os dereitos deste colectivo”.

Despois tomou a palabra a organizadora do acto Jessica García (Amnistía Internacional) que falou sobre o activista Yoelkis Torres presentándoo coma “un defensor dos dereitos humanos en Cuba, da diversidade sexual e tamén da identidade afrocubana”, explicou que Yoelkis está acollido en España dentro dun programa especial de Amnistía Internacional (España), “para protexelo das represión que sufría no seu país”. Anunciou que o acto en caso se choiva se trasladará ao C.C.Lustres Rivas, para rematar a súa intervención, animou a toda a xente do Barbanza a asistir a este acto e agradeceu as colaboracións das asociacións e do concello.

Nela Abella de Mulleres en Acción, salientou “a importancia de actividades coma esta que visibilizan, no só a diversidade e os colectivos que loitan pola mesma senón as múltiples trabas que a sociedade lle pon a estas persoas”.