null O Concello de Ribeira despide o ano cunha San Silvestre
O Concello de Ribeira despide o ano cunha San Silvestre
Whatsapp: O Concello de Ribeira despide o ano cunha San Silvestre

Pouco antes de tomar as doce uvas, os ribeirenses teñen unha cita deportiva con fin benéfico. Por segundo ano consecutivo, o municipio despedirá o ano nunha San Silvestre organizada pola Escuela de Boxeo El Canario e o Club Natación Ribeira coa colaboración do Concello. E non faltará a compoñente solidaria cos donativos a favor da nena Daniela Otero, diagnosticada cunha enfermidade rara.

Este evento celebrarase no mércores, 31 de decembro, a partir das 16.00 horas, na pista de atletismo da Fieiteira. Como explicou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, é "un evento non competitivo que sirve para despedir o ano." Avanzou, ademais, que xa se está traballando en novas ideas no ámbito deportivo cara o 2026.

A dita carreira está destinada a tódalas idades, "para pasalo ben en familia, para correr todos xuntos" como apuntou Clara Millares, en representación da Escuela de Boxeo El Canario.

Por iso haberá, as distancias de 100, 500, 2000 e 5000 metros lisos. Unha vez completado o percorrido, tampouco faltará o chocolate con biscoito e rosca e sorteo de agasallos doados por empresas locais.

A inscrición pódese formalizar no propio día e lugar do evento, ás 15.30 horas, ou por vía telemática ata o 28 de decembro con nome e distancia a realizar a través do whatsapp dos números 620 701 151 ou 652 234 902.