null A mostra 'EmpoderArte' de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal
A mostra 'EmpoderArte' de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal
Whatsapp: A mostra 'EmpoderArte' de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal

Un grupo de persoas usuarias do Centro de Día da Pobra do Caramiñal visitaron nesta semana a terceira edición da exposición EmpoderArte que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira, ata o 25 de abril. Durante a súa estadía na instalacións cultural estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Ana Barreiro, para contemplar o talento de 46 artistas, tanto noveis como consagradas, procedentes de Ribeira, da súa contorna e doutros puntos de Galicia, pero todas elas con vinculación estreita coa localidade.

As visitas grupais adáptanse ao perfil das persoas e, en días pasados estivo un grupo de Agadea, de Ribeira.

A mostra caracterízase polo colectivo e pola variedade de disciplinas representadas, que inclúen pintura, debuxo, gravado, artesanía, fotografía, escultura e outras expresións artísticas contemporáneas.

As visitas pódense realizar de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e nos sábados, dende as 10.00 ata as 14.00 horas.