null Sete embarcacións buscarán alzarse coa III Bandeira Masculina de Traiñeiras Concello de Ribeira
Sete embarcacións buscarán alzarse coa III Bandeira Masculina de Traiñeiras Concello de Ribeira
Whatsapp: Sete embarcacións buscarán alzarse coa III Bandeira Masculina de Traiñeiras Concello de Ribeira

Continúa o verán e, con el, os deportes náuticos. A III Bandeira Masculina Concello de Ribeira disputarase no domingo, 19 de xullo, a partir das 12.00 horas, na parte exterior do porto de Aguiño. Un total de sete embarcacións da Liga B de Traíñas buscarán alzar a bandeira.

Trátase dunha proba que organiza o Club de Remo coa colaboración da Administración local e que moverá arredor de 200 deportistas. Con relación a isto pronunciáronse os edís de Deportes e Turismo, Álex Vidal e Ana Barreiro, respectivamente, ao destacar o poder dinamizador deste tipo de eventos para o municipio, ademais de servir para a posta en valor dos recursos paisaxísticos, neste caso, vinculados ao mar.

Unicamente competirá a categoría absoluta na que "este ano está bastante reñida a proba. Non hai un claro gañador", manifestou o presidente da entidade, Suso Silva. Os premios tamén consistirán en premios en metálico.