Ribeira, 24 de setembro de 2024
 Hoxe presentáronse as II Xornadas “Muller e Saúde” convocadas pola Escola Galega de Saúde
 mediante o Centro de Información á Muller de Ribeira (CIM) que constan de catro sesións
 que se levarán a cabo durante o mes de outubro e que serán impartidas por especialistas en
 cada materia co obxectivo de:
·  Ofertar formación e información de saúde con perspectiva de xénero.
 ·  Promocionar a saúde mental e emocional das mulleres e aumentar a súa calidade de
 vida.
 ·  Facilitar ferramentas para que as mulleres sexan suxeitos activos respecto da súa
 propia saúde mental e emocional.
 · Aumentar os vínculos sociais das mulleres participantes, potenciando a súa autoestima
 e seguridade persoal.
 ·Contribuír ao coñecemento e aproveitamento dos activos para a saúde mental e
 emocional existentes.
Ao acto de presentación acudiron, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a directora do
 CIM, Dolores Crujeiras e a técnica de Igualdade, Paloma Seijo que compareceron para explicar
 os contidos das catro sesións que se van a levar a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas.
Persoas destinatarias
 Preferentemente para mulleres pero non están excluídos os homes que teñan interese nestas
 problemáticas
Programa docente:
 Sesión 1 “A saúde mental das mulleres. Mitos e ideas erróneas”
 Data: 4 de outubro
 Imparte: Ángeles Pazos Sieira - Psicóloga do CIM de Ribeira
 Contidos:
 O xénero como determinante da saúde mental.
 Factores que inflúen na saúde mental das mulleres.
 Relación entre condicións de vida e saúde mental.
 Mitos e ideas erróneas sobre a saúde mental das mulleres.
Sesión 2 “A ansiedade e a depresión nas mulleres”
 Data: 11 de outubro
 Imparte: Iria Veiga Ramos - Facultativo especialista en Psiquiatría da Área Sanitaria de Santiago
 Contidos: A depresión e a ansiedade nas mulleres. Recoñecer a depresión e a ansiedade.
 Atopar axuda. Claves e ferramentas para mellorar o benestar.
Sesión 3 “Os trastornos da alimentación”
 Data: 18 de outubro
 Imparte: Ana María Rodríguez Estévez - Psicóloga sanitaria
 Contidos:
 Que son os trastornos da alimentación.
 A imaxe corporal das nenas, mozas e mulleres.
 As redes sociais e a imaxe.
 Prevención dos TCA.
 Sesión 4 “O auto-coidado emocional das mulleres”
 Data: 25 de outubro
 Imparte: Jessica Rodríguez Czaplicki - Psicóloga
 Contidos:
 Que se entende por benestar emocional.
 Formas de sentir.
 Mensaxes para o benestar.
 Técnicas de auto-coidado emocional.
Lugar de celebración
 Centro Cultural Lustres Rivas.
 Horario: de 18:00 a 21:00 horas
  
Inscricións:
 No correo electrónico: ribeiradinonvx@ribeira.gal
 web: ribeira.gal
 Teléfono ou wasap: 682 684 288 - Pax: 25 persoa
18 de outubro: “Os trastornos da alimentación”.

25 de outubro: “O autocoidado emocional das mulleres”.
O horario de todas as sesións será de 18:00 a 21:00 horas e todas elas levaranse a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas.
Para participar é preciso inscribirse previamente nos seguintes enlaces (as prazas son limitadas e cubriranse por orden de inscrición):
Sesión 3. Os trastornos da alimentación: https://forms.gle/ZpaYn3CwytdW1z5G8
Sesión 4. O autocoidado emocional das mulleres: https://forms.gle/fKhxWxNGYnJz2pLc6
Sesión 3. Os trastornos da alimentación:
