De conformidade co previsto no artigo 9.3 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícanse as bases reguladoras das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade, ano 2025.
Servicios
- Servicios Sociales Comunitarios
- Escola Infantil Municipal
- Deportes
- Centro de Información a la Mujer
- Conservatorio profesional de música
- Escuela Municipal de Ballet
- Cultura y festejos
- Servicio Drogodependencias
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras y urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral
- Juventud
- Anuncio BOP CONVOCATORIA AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A AUTONOMÍA PERSOAL.pdf (pdf 105,2 kB)
- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A.pdf (pdf 462,1 kB)
- ANEXO 1: MODELO DE SOLICITUDE (pdf 293,3 kB)
- ANEXO II: AUTORIZACIÓNS (pdf 272,8 kB)
- ANEXO V: DECLARACIÓN DE AXUDAS (pdf 202,8 kB)
- ANEXO VI: DECLARACIÓN ESTAR AO CORRENTE DE PAGO COAS OBRIGAS TRIBUTARIAS (pdf 196,4 kB)
Noticias

O Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores do Concello de Ribeira despediu na fin de semana o curso 2025-2026 cunha viaxe cultual a Padrón, na que tomaron parte unhas 60 persoas.
O itinerario incluíu unha visita guiada á Casa Museo Rosalía de Castro, onde tiveron a oportunidade de coñecer a historia rosaliana na Casa da Matanza na compaña do presidente da Fundación, Anxo Angueira, e do músico, Xabier Díaz.

Tamén se achegaron ao legado doutra figura literaria como é Camilo José Cela, achegándose ata a institución que leva o seu nome para observar obxectos gráficos, literarios e pictóricos que atesoura esta fundación na honra do Premio Nobel.
Esta estadía rematou cunha recepción na casa consistorial da man do alcalde desta localidade, Anxo Arca.

Con relación a este programa, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, explica que "dende o Concello de Ribeira temos un forte compromiso con promover o envellecemento activo con numerosos cursos que se desenvolven tanto na cidade como nas parroquias, co obxectivo de incentivar o deporte, pero tamén aprender sobre temas que lles resulta de interese á nosa cidadanía. Esta viaxe de fin de curso serviu para poñer o broche de outro a unha nova edición do programa, dar e benvida ao verán como merecen despois de todo canto traballaron durante o inverno e agardar a que comecen as clases en outubro."

