Noticias

O Concello de Ribeira clausura o obradoiro de conciliación de verán coa participación de 200 nenos e nenas
Whatsapp: O Concello de Ribeira clausura o obradoiro de conciliación de verán coa participación de 200 nenos e nenas

Como xa é habitual en períodos non lectivos, o Concello de Ribeira puxo en marcha durante o verán o obradoiro de conciliación para facilitar a compatibilización da vida persoal e laboral das familias durante a época estival. Esta prestación desenvolveuse dende que remataron as clases e ata antes de que a rapazada volva á aulas "coa garantía de que os seus fillos e fillas son atendidos por profesionais mentres eles compren cos seus compromisos laborais. Esta é unha mostra do compromiso do Concello de Ribeira coas políticas de conciliación como tamén se constata noutras épocas como Semana Santa ou o Nadal", manifestou a alcaldesa, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, na súa visita ás instalacións do CEIP O Grupo que é o lugar onde se desenvolve este obradoiro.

Ademais, a rapazada tamén puido desfrutar dos servizos de Madruga e Comedor.

Sampedro destacou que "os nenos e nenas non só tiveron ocasión de desfrutar de tempo de lecer, senón que tamén de novas aprendizaxes e valores como a igualdade e o coidado do medio ambiente."

Neste senso, a rexedora anunciou que xa se están ultimando os traballos para sacar a licitación estes obradoiros de conciliación, cunha duración de dous anos e outro de prórroga, que "incrementará os servizos."