FUNDAMENTACIÓN DESTE CURSO
As necesidades de conciliación familiar deben cubrirse de forma mais equitativa, favorecendo unha maior implicación dos homes nas tarefas do fogar.
QUÉ É O BACTCHCOOKING?
A técnica de cociña “Batch Cooking” permite unha mellor organización dos tempos de traballo na cociña sen renunciar a unha comida saudable e de mercado.
O formato destes obradoiros fomenta o traballo da cociña en equipa para facer entre varios membros da familia, un día á semana, a elaboración das bases dos menús semanais, que calquera membro da familia poderá confeccionar con pouco tempo. A idea é conservar as bases en tuppers dentro da neveira e utilizalas cando as necesitemos para elaborar diferentes pratos.
Beneficios do Batchcooking
-Aforro de tempo na cociña durante a semana
-Facilidade para cociñar gran variedade de pratos saudables en pouco tempo
-Reducir o desperdicio de comida elaborando pratos de aproveitamento.
-Aforro de cartos ao organizar os menús con antelación
-Aprender a organizar a compra e planificar a semana