Novas

O CIM de Ribeira colabora na iniciativa 'Circuítos en igualdade' a través dunha serie de obradoiros
Whatsapp: O CIM de Ribeira colabora na iniciativa 'Circuítos en igualdade' a través dunha serie de obradoiros

O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira, xunto a Ambar, colaboran na iniciativa Circuíto en igualdade que promove a Deputación da Coruña. En consecuencia, o Centro de Ambar acolle durante os xoves do mes de setembro (días 3, 10, 17 e 24), en horario de 11.30 a 13.30 horas, a impartición dos obradoiros Creando e Sentindo.

Estes talleres eríxense como un espazo para aprender, compartir e reflexionar sobre afectividade, sexualidade e igualdade, promovendo relacións saudables e a prevención das violencias sexuais entre as persoas con diversidade funcional.

A este respecto, a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, manifesta que "seguimos traballando para acadar a igualdade. Ademais do traballo técnico, tamén son imprescindibles eventos de carácter lúdico e accións formativas coa compoñente de sensibilización."