Ribeira, 27 de agosto de 2025. — Hoxe tivo lugar a presentación da cuarta edición do festival “Etal Equal” organizado pola asociación “Ribeira Crea”, na presentación déronse cita, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a presidenta de “Ribeira Crea”, Alba Pego xunto a Martiño Sampedro compoñente da mesma asociación.
Nesta edición retomarase o formato presentado o ano pasado onde haberá mercadiño con creadores locais, obradoiros, a presenza da asociación Sachos na Rúa, degustacións gastronómicas dos bares colaboradores –Cocoluche e Recoveira– máis una gran variedade de grupos e estilos musicais que soarán na praza de Teruel os vindeiros días 6 e 7 de setembro.
A concelleira de Cultura enmarcou esta actividade como unha das que pecha “Lecer na Ribeira”, e sinalou que “é un festival que xa é coñecido en Ribeira e que cada vez vai collendo máis forza”. Etal Equal é un festival alternativo que da apoio a pequenos grupos de música tanto locais como de outros lugares, a actividade comezará o día 6 de setembro ás 15.30 horas da tarde e rematará o día 7 co último concerto ás 18.30 horas. Toda a actividade se levará a cabo na praza de Teruel onde haberá mercadiño e puntos de venda da propia asociación para buscar novos socios e socias para a colaboración.
A concelleira agradeceu a Alba e Martiño –impulsores deste festival– , por todas as actividades que están a facer ao longo do ano para veciñanza.
Pola súa banda, Alba Pego falou que o primeiro día haberá tres concertos; ás 15:30 horas temos a Gloria Pavía & Rafael Morales, despois ás 18:00 horas actuará Seixo, “e imos rematar coas Daydream Sessions que levan con nós tres anos vindo ao Etal Equal”. Na xornada de domingo será máis familiar e con grupos locais comezando ás 13.30 horas coa “Landra Viaxeira e o Amigo Lambón” do grupo Os Jalochos –Suso Bello e Sabela Olivares– que será un concerto destinado para o público infantil, ás 17:00 horas con Lau Panicanela e rematamos ás 18.30 horas co Micro Aberto.
Para anotarse tanto nos obradoiros coma no Micro aberto se fará a través do instagram do Ribeira Crea.