A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribeira aprobou a concesión das subvencións correspondentes á liña de Actividade Cultural 2025 dirixida a entidades sen ánimo de lucro do municipio.
O importe total das axudas concedidas ascende a preto de 15.000 euros, que se distribuirán entre distintas asociacións culturais co obxectivo de apoiar a organización de actividades ao longo do ano, incluíndo programación musical, eventos tradicionais, iniciativas audiovisuais, dinamización veciñal e propostas de carácter formativo e divulgativo.
Estas subvencións teñen como finalidade reforzar o tecido asociativo cultural de Ribeira, contribuíndo á dinamización social das parroquias e do conxunto do municipio, así como á conservación das tradicións, á promoción da cultura galega e á creación de novos espazos de participación cidadá.
Dende o Concello, a alcaldesa, María Sampedro, destaca o papel fundamental que desempeñan as asociacións culturais na vida asociativa, sendo un motor esencial de actividade, cohesión social e identidade local.
O goberno municipal reafirma así o seu compromiso co impulso da cultura de base e co apoio ás entidades que traballan durante todo o ano para ofrecer programación diversa e de calidade á veciñanza.
Servizos
- Servizos Sociais Comunitarios
- Escola Infantil Municipal
- Deportes
- Centro de Información a Muller (CIM)
- Conservatorio profesional de música
- Escola Municipal de Ballet
- Cultura e festexos
- Unidade de Condutas Adictivas (UCA)
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras e urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral (Emprego)
- Xuventude
Ribeira aproba as subvencións para entidades culturais por importe de case 15.000 euros