Escola Infantil Municipal

Colexio Bayón de Ribeira

 


Ceip Pluriligüe O Grupo de Ribeira

 


CEIP Pluriligüe de Artes


 


CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño


CEIP de Olveira


Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras

 

A gala de Di-Versos vibra xunto cos seus creadores e creadoras no auditorio
Whatsapp: A gala de Di-Versos vibra xunto cos seus creadores e creadoras no auditorio

Ribeira, 18 de xuño do 2025.- O pasado mes de xaneiro se presentaba Di-Versos, cancións feitas nos colexios para facer oír a diversidade en Ribeira; un pioneiro obradoiro de composicións de cancións promovido polo departamento de Servizos Sociais do concello e levada a cabo polo compositor local, Fernando Pérez.

Neste programa propúxose a participación dunha aula de terceiro ciclo de cada centro educativo de ensino primario do concello de Ribeira, na que os alumnos e alumnas compoñerán, interpretarán e gravarán unha canción -co asesoramento e acompañamento dun profesional de contrastable capacidade e experiencia-, relativa a calquera tipo de diversidade, sexa cultural ou natural, promovendo valores como: xustiza, liberdade, igualdade, equidade,  comprensión, respecto e/ou apoio mutuo. Cada unha das composicións foron inseridas nuns vídeos subtitulados que se atopan na web do concello: https://www.ribeira.gal/di-versos-canci%C3%B3ns-pola-diversidade

As actividades realizáronse principalmente no primeiro trimestre do ano 2025 e foron orientadas especialmente a alumnos/as do 3º ciclo de primaria, sendo decisión do centro  a elección do grupo/aula a participar.

Participaron na nova iniciativa; o Ceip Pluriligüe Frións, Ceip Heroínas de Sálvora de Aguiño, Ceip de Olveira, Ceip Pluriligüe O Grupo de Ribeira, CEP Plurilingüe de Carreira, CEIP Pluriligüe de Artes, Colexio Galaxia de Ribeira, Colexio A Milagrosa de Oleiros, Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e  Colexio Bayón de Ribeira. Participaron máis de 250 rapaces e rapazas do 3º ciclo de primaria.

No día de hoxe celebrouse esta gala co obxectivo de xuntar a tódolos participantes e entregarlle uns trofeos e diplomas pola súa participación e dedicación desta nova iniciativa centrada en promoción os valores establecidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.

A gala foi conducida por Santi Páramo –impulsor da iniciativa— xunto con Francisca Vidal, coordinadora dos Servizos Sociais e acudiron o rexedor ribeirense, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Vicente Mariño, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, alumnos e alumnas dos centros e profesorado.

A gala resultou moi amena e os participantes puideron visionar os vídeos onde se reproduciron  as cancións creadas por eles mesmos, ao rematar os bloques de vídeos procedeuse á entrega de premios na que CPR Galaxia  resultou premiado ao Talento Diverso;  o CEIP Plurilingüe O Grupo, premio Ritmo de Cores; o CPR  Plurilingüe La Milagrosa (Oleiros), premio Notas de Igualdade; CEIP Plurilingüe de Frións, premio Escena de Todos; o CPR Sagrado Corazón de Jesús (Castiñeiras), premio Harmonía en Movemento; CPR Bayón, premio Sorrisos con Identidade; CEIP Heroínas de Salvora (Aguiño), premio Voces que Unen; CEP Plurilingüe Carreira, premio Pasos con Corazón e CEIP Plurilingüe de Artes co premio Luces de Inclusión.

Alcalde, tenente de alcalde e concelleira repartiron os trofeos e diplomas desta gala na que se mostraron agradecidos aparte de sorprendidos pola gran  calidade de tódalas propostas aportadas polos colexios apoiadas polo equipo técnico e o músico Fernando Pérez.

Na gala tamén se destacou o XX aniversario da Escola Infantil Municipal de Ribeira adscrita ao departamento de Servicios Sociais do concello que tamén participou en Di-versos cunha canción e recibiu un recoñecemento pola súa traxectoria que recolleu directora pedagóxica da escola, Olalla Ouviña.

Di-Versos, cancións para a diversidade

 

           Mércores Día 18 de Xuño na Sala Polivalente as 11:00 h

 


“Di-Versos, cancións para a diversidade” un pioneiro obradoiro de composicións de cancións promovido polo departamento de Servizos Sociais do concello e levada a cabo polo compositor local, Fernando Pérez, ben coñecido en Ribeira pola súa dilatada traxectoria musical e pioneiro como “xastre de partituras para compoñer cancións e bandas sonoras a medida”.

Neste programa proponse a participación dunha aula de terceiro ciclo de cada centro educativo de ensino primario do concello de Ribeira, na que os/as alumnos/as compoñerán, interpretarán e gravarán unha canción -co asesoramento e acompañamento dun profesional de contrastable capacidade e experiencia-, relativa a calquera tipo de diversidade, sexa cultural ou natural, promovendo valores como: xustiza, liberdade, igualdade, equidade,  comprensión, respecto e/ou apoio mutuo. Cada composición será tamén inserida nun vídeo no que apareza subtitulada a letra e no que, na súa elaboración, debe colaborar o centro de ensino  co profesional que imparte e monitoriza  a actividade, así como na súa posterior divulgación nas webs e redes do centro e do concello. 

Coa implicación e participación activa da propia comunidade na promoción de valores establecidos na declaración universal de dereitos humanos, aprendémonos a ser mellores.

As actividades realizaranse principalmente no primeiro trimestre do ano 2025 e irán orientadas especialmente a alumnos/as do 3º ciclo de primaria, sendo decisión  do centro  a elección do grupo/aula a participar.

Xa está confirmada a participación de CEIP Plurilingüe Frións, CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, CEIP de Olveira, Ceip Plurilingüe O Grupo de Ribeira, CEP Plurilingüe de Carreira, CEIP Plurilingüe de Artes, Colexio Galaxia de Ribeira, Colexio A Milagrosa de Oleiros, Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e  Colexio Bayón de Ribeira. Participarán máis de 250 rapaces e rapazas do 3º ciclo de primaria dos centros participantes.


Colexio Galaxia 

 

CEIP Plurilingüe Frións


CPR Plurilingüe La Milagrosa


CEP Plurilingüe de Carreira