
Alicia Martínez Muras resultou gañadora do concurso organizado polo Concello de Ribeira con motivo do Día dos Namorados 2026. O certame consistía en fotografarse no photocall luminoso con forma de corazón instalado no porto durante a fin de semana do Día dos Namorados e do Entroido. As persoas participantes enviaron posteriormente as súas imaxes ao correo da área de Cultura, realizándose un sorteo entre todas as propostas recibidas.
O premio consiste nunha estadía para dúas persoas no Hotel Rural Punta Couso, en Aguiño, que inclúe un agasallo sorpresa na habitación e o almorzo. A entrega do premio tivo lugar o pasado venres no Centro Cultural Lustres Rivas, nun acto no que participou o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, quen fixo entrega do galardón á gañadora. Dende o Concello de Ribeira valórase “moi positivamente” a participación nesta iniciativa, que contribuíu a dinamizar a explanada do porto durante unha fin de semana de especial afluencia e a fomentar a implicación da veciñanza nas actividades programadas.