null Un total de 20 deportistas benefícianse das axudas do Concello de Ribeira correspondentes ao 2025
Un total de 20 deportistas benefícianse das axudas do Concello de Ribeira correspondentes ao 2025
Whatsapp: Un total de 20 deportistas benefícianse das axudas do Concello de Ribeira correspondentes ao 2025

O Concello de Ribeira informa da adxudicación das axudas a deportistas individuais correspondentes ao 2025.

O importe total de 14.000 euros asignados a esta liña de axudas repártese en 20 bolsas a deportistas en distintas contías segundo a puntuación obtida no baremo atendendo aos criterios de palmarés, continuidade e categoría.

"Con estas bolsas, a Administración local ribeirense apoia e fomenta a práctica e o rendemento deportivo de deportistas individuais non profesionais que destacan na súa faceta competitiva, tendo en conta nesta convocatoria a tempada do 2024", explica o concelleiro de Deportes, Álex Vidal.

A entrega destas axudas farase de maneira formal en vindeiras datas. Esta resolución pódese consultar no apartado de ‘Taboleiro de anuncios’ dentro da sede electrónica municipal.