Novas

Mimarte Fest 2025, unha gala benéfica a favor de Callejeros Barbanza
Whatsapp: Mimarte Fest 2025, unha gala benéfica a favor de Callejeros Barbanza

Ribeira 29 de maio de 2025 — Hoxe tivo lugar a presentacio?n de “Mimarte Fest 2025” ao que acudiron a concelleira de Benestar Animal, Anti?a Alberte, a presidenta de Callejeros Barbanza, Rosa Go?mez, ma?is xerente de Mimarte, Tania Fuegho.

A gala terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro domingo 22 de xuño ás 20:30 h, será unha gala solidaria a favor de Callejeros Barbanza e terá un prezo de 5 euros; as entradas estarán á venda no espazo Mimarte na Avda. Rosalía de Castro no 54 e en Xade na rúa de Galicia no 53.

A concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte informou que dende a concellería de Benestar Animal vaise incrementando “pouca pouco o número de actividades”, tamén sinalou que coas partidas orzamentarias se fixeron unhas castracións neste ano e estamos “ultimando os protocolos de actuacións de emerxencia, no caso dos animais que estean feridos ou extraviados”.

Asemade falou das entidades de benestar animal que hai no concello, “estamos axudándoas na medida do que podemos, facendo actividades para que as propias asociacións podan recadar cartos e así seguir loitando por esta causa que é o benestar animal”, dende a concellería Antía animou a toda a veciñanza a asistir á gala ”a pasar un rato agradábel por unha boa causa”.

Tania Fuegho informou que “vai a ser unha gala de variedades onde o maior peso o van a ter os pequenos porque vai a ver sete pezas musicais interpretadas polos alumnos de infantil e xuvenil do espazo creativo”, tamén haberá o momento para os adultos, danzas urbanas e diferentes exhibicións.

Par finalizar Rosa Gómez agradeceu a Tania “por contar con Callejeros Barbanza para a gala do “Mimarte Fest” xunto coa colaboración da concellería de Benestar Animal”.