Normalización Lingüistica
Documentos

Novas

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)
Whatsapp: Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian a presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia. Este curso é gratuíto e en horario de tarde (martes e mércores de 19 a 21 h). A inscrición estará aberta aberta ata o día 18 de marzo, data na que dará comezo. Todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal

Curso de lingua galega (preparatorio para as probas CELGA)

Data de comezo 18 de marzo de 2025

Horario: de 19 a 21 h todos os martes e mércores

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Inscrición aberta ata o 18 de marzo. Para inscribirse é preciso enviar un correo co nome, apelidos e teléfono a normalizacion@ribeira.gal