Buscador

Ribeira convoca a voluntarios para limpar a praia de Coroso
Whatsapp: Ribeira convoca a voluntarios para limpar a praia de Coroso

Ribeira, 25 de abril de 2025. –  No día de hoxe, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio a partir das doce na praia de Coroso á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira se procederá á limpieza da praia polo que se convoca á veciñanza que poderá facer a inscrición el liña na ligazón: https://bit.ly/3GlX3b4

Nesta actividade de limpieza colabora a Cofradía da Dorna que xunto co concello aportarán uns petiscos ao rematar a xornada.

Esta actividade pretende concienciar á veciñanza sobre o problema que supoñen os plásticos no ecosistema mariño e litoral. 

Infórmase que haberá que traballar con coidado por mor da tempada de anidamiento da píllara das dunas.
 


Sábado 3 de maio ás 12:00 horas

PUNTO DE ENCONTRO

Escola Oficial Náutico Pesqueira (Coroso)

Ao final da limpeza haberá petiscos para todos os voluntarios

 

 

ENTRA E REXISTRATE NO FORMULARIO PARA PODER PARTICIPAR:

https://bit.ly/3GlX3b4