Buscador

Bretal se converterá no Roland Garros galego do 9 de maio ao 25 de xuño
Whatsapp: Bretal se converterá no Roland Garros galego do 9 de maio ao 25 de xuño

Ribeira, 28 de abril de 2025 — No día de onte, xusto no comezo do apagamento eléctrico presentouse o IV Torneo de tenis de terra batida A Devesa, Bretal 2025 (Somos Terra).


Ao acto de presentación asistiron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal máis o organizador do torneo, Juan Francisco Fernández.


Este torneo afronta unha cuarta edición con novidades na competición e cunha nova marca en número de participantes que xa superan os 100 a día de hoxe e que sumarán novos e novas participantes até o vindeiro domingo día 4 ás 23:55 h que é cando se pechan as inscricións no grupo de WhatsApp: https://chat.whatsapp.com/K3MX4KVISgO64IEjBsl4xi. O torneo contará con diferentes categorías; veteranos, dobres masculino-feminino e Sub-18 onde haberá trofeos exclusivos xunto cunha contía económica.


Vidal salientou, “que contar en Ribeira cun torneo de tenis en terra batida deste nivel tanto en instalacións coma en participantes e todo un luxo para a parroquia Olveira e por extensión para o concello que colabora modestamente nesta competición que organiza Juan xunto coa familia”. Para rematar o concelleiro animou á xente a participar tanto na competición como de público porque é un torneo en terra batida que non é moi doado de presenciar polo Barbanza.


Juan amosou a súa satisfacción de como van as inscricións que xa superan os 80 participantes da edición anterior, tamén fixo referencia aos participantes de diferentes provincias de Galicia. Falou tamén dos traballo, “nos temos unha maneira de organizar o torneo dunha forma moi familiar, calquera que chega se encontra coma na casa” indicou Fernández que anunciou cambios na competición para facela máis dinámica, “cambiamos un pouquiño o formato porque creemos que perder o primeiro partido e marcharse é un pouco inxusto polo que argallamos unha serie de partidos ao mellor de tres para poder ter máis oportunidades e facelo máis xusto e menos frustrante; iso de que perdas e tes vas para a casa, aquí non existe”.
Todo un exemplo de organización familiar.


Toda a familia axuda e se organiza para que o torneo luza como nas pistas de París ou Roma, “facémolo con moita devoción, sobriños incluídos, cando falla un vai o outro, é unha pista que hai que mantela regala, varrer, arranxar a rede, as liñas, gradas, etc.., como na T.V.”. Juan rematou dándolle as grazas aos múltiples e diversos patrocinadores, aos escultores dos trofeos –de Castiñeiras–, xunto coa colaboración do Concello de Ribeira.