Buscador

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un Curso de iniciación á lingua e á cultura galegas.
Whatsapp: O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un Curso de iniciación á lingua e á cultura galegas.

Este curso presencial e gratuíto de 20 horas está dirixido ás persoas que se achegan por primeira vez ao galego. Quen provén doutras comunidades lingüísticas poderá, con esta breve formación, obter as habilidades básicas de comunicación en lingua galega e as claves do acervo cultural de Galicia.

Se acabas de chegar a Galicia, se aínda falas pouco en galego... Inscríbete no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira para participar desta nova formación.

Curso de iniciación á lingua e á cultura galegas

Data de comezo: 29/09/2025

Data de remate: 30/10/2025

Horario: De 10 a 12 h todos os luns e xoves

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

Inscrición: Centro Cultural Lustres Rivas. R/Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. Ribeira

Ao remate entregarase un diploma do curso (20 horas de formación)