Buscador

Ribeira adxudica o subministro dos compoñentes do sistema de desinfección UV da EDAR de Couso por máis de 95.000 euros
Whatsapp: Ribeira adxudica o subministro dos compoñentes do sistema de desinfección UV da EDAR de Couso por máis de 95.000 euros

O Concello de Ribeira vén de adxudicar o contrato de subministración dos compoñentes do sistema terciario de desinfección UV da EDAR de Couso. O importe total do contrato ascende a 95.461,99 euros, correspondentes a unha base impoñíbel de 78.894,21 euros máis 16.567,78 euros en concepto de IVE (21%).

O prazo de execución establecido é de 13 semanas.

O Concello explicou que esta actuación permitirá reforzar o sistema terciario de tratamento da

estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Couso, garantindo “unha maior eficiencia no proceso de desinfección mediante tecnoloxía ultravioleta, o que redunda nunha mellora da calidade da auga tratada e na protección do medio ambiente”.

Dende o Goberno municipal subliñan que “este investimento forma parte do compromiso continuo coa modernización das infraestruturas hidráulicas do municipio e coa mellora dos estándares ambientais”.