Buscador

O Mercado de Verán da Calidade Diferenciada reúne en Ribeira a 30 operadores galegos
Whatsapp: O Mercado de Verán da Calidade Diferenciada reúne en Ribeira a 30 operadores galegos

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, asistiu onte á apertura do Mercado de Verán da Calidade Diferenciada que promove a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. O Malecón ribeirense acolle esta iniciativa do 21 ao 23 de agosto que reúne a 30 operadores vinculados aos diferentes selos de calidade diferenciada galegos.

"Pensar en Galicia tamén é facelo nos produtos que saen da nosa terra e do noso mar e que, co traballo da nosa xente, se converten en viandas ou viños dun valor incomparable. Porque a gastronomía tamén forma parte da nosa cultura" manifestou a rexedora.

En consecuencia, ademais de adquirir os produtos, os potenciais clientes poden coñecer a orixe dos mesmos, as súas características e as persoas que están detrás da súa elaboración. E, a maiores, tamén hai presentacións e degustacións, así como música en directo.