Ribeira, 25 de abril de 2025. – No día de hoxe, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio a partir das doce na praia de Coroso á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira se procederá á limpieza da praia polo que se convoca á veciñanza que poderá facer a inscrición el liña na ligazón: https://bit.ly/3GlX3b4
Nesta actividade de limpieza colabora a Cofradía da Dorna que xunto co concello aportarán uns petiscos ao rematar a xornada.
Esta actividade pretende concienciar á veciñanza sobre o problema que supoñen os plásticos no ecosistema mariño e litoral.
Infórmase que haberá que traballar con coidado por mor da tempada de anidamiento da píllara das dunas.
Sábado 3 de maio ás 12:00 horas
PUNTO DE ENCONTRO
Escola Oficial Náutico Pesqueira (Coroso)
Ao final da limpeza haberá petiscos para todos os voluntarios
ENTRA E REXISTRATE NO FORMULARIO PARA PODER PARTICIPAR: