null "As Rúas Musicais" soarán o vindeiro 1 de maio
"As Rúas Musicais" soarán o vindeiro 1 de maio
Whatsapp: "As Rúas Musicais" soarán o vindeiro 1 de maio

Ribeira, 29 de abril de 2025. — No día de onte o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta presentou dúas actuacións para o vindeiro 1 de maio, n que se celebra o día da Clase Traballadora.
Suárez-Puerta, informou que actuarán na rúa Méndez Núñez ás 19.00 h Lau Panicanela ao carón da vermutería Tangen Ata, “despois nos desprazaremos á praza de Teruel a partir das 21:30 h onde actuará Loren en colaboración conxunta dos bares Cocoluche e A Central.
Suárez-Puerta sinalou que estas actuacións estaban proxectadas para Semana Santa, “e que por mor da choiva e do espazo nos propios locais non se puideron realizar, polo tanto dende a concellería de Turismo decidimos trasladalas para o Día do Traballador/a”.
O concelleiro de Turismo mostrouse moi satisfeito por esta iniciativa tanto pola acollida da veciñanza e visitantes como a da propia dinamización da hostalería a quen lle agradeceu a súa colaboración.