null O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira superará un ano máis o 35% de inserción laboral.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira superará un ano máis o 35% de inserción laboral.
Whatsapp: O Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira superará un ano máis o 35% de inserción laboral.

Ribeira 9 de outubro de 2025 — Hoxe celebrouse no Auditorio de Ribeira a clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira ao que asistiron o rexedor, Luís Pérez, Veva Betanzos e as técnicas responsables do programa, Estela Saa e Ana Serramito máis os/as participantes do propio Programa Integrado de Emprego.

Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira ten como obxectivo a mellora da empregablidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas participantes que figuran como demandantes de emprego, por medio de accións complementarias de orientación, formación e intermediación laboral. O programa ten un compromiso de inserción laboral do 35% das persoas participantes no ámbito de actuación da comarca do Barbanza (Concellos de
Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) e o Concello de Porto do Son.

O programa está destinado a 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG, pertencentes ao ámbito territorial indicado, a duración foi de 12 meses –de novembro 2024 a novembro 2025– e se desenvolveu en diferentes espazos de Ribeira tendo como base o Viveiro de Empresas de Ribeira.
Realizáronse tarefas de información, orientación e asesoramento, tanto en grupos como individualizado –ao longo da duración do programa– onde, o persoal técnico xunto coas persoas usuarias, determinaron os pasos a seguir para acadar un óptimo desenvolvemento do itinerario profesional de cada participante. Tamén fixéronse un total de 400 horas de formación incluída no
catálogo do SEPE e adscrita ás familias profesionais de: hostalería e turismo; administración e xestión; comercio e márketing; sanidade e servizos socioculturais e á comunidade…

Outro aspecto fundamental do programa foi a prospección, co obxectivo de detectar e identificar aquelas empresas da zona que necesitaron incorporar persoal.

Estela e Ana resaltaron o apartado de prácticas onde numerosas empresas de Ribeira facilitaron ao programa, a posta en práctica dos coñecementos e habilidades adquiridos durante a formación, permitir o achegamento ás empresas e que estas poidan valorar as actitudes e competencias das persoas participantes e telas en conta como posibles candidatas en futuras vacantes.

As empresas implicadas neste ano foron: Limpiezas Chus, Residencia Domus Vi, Agadea, Hotel Norat Palmeira Playa, Camping Ria Arosa, Camping Coroso, Eclipse Comunicación Dixital, Lolita Moda, Escola Infantil Municipal de Ribeira, Alma Atlántica, Biblioteca Municipal de Ribeira, Asesoría Beni García e asociados, Supermercado Froiz e Móvilgalicia

A concelleira de Emprego agradeceu, aos alumnos, ás empresas colaboradoras, orientadoras e técnicas do programa, “polo traballo levado a cabo neste ano, traballando de forma familiar e social, facendo diagnose das situacións familiares e profesionais, informando do mercado de traballo e posibilidades formativas, as habilidades para a busqueda activa de emprego, a preparación para as entrevistas coas empresas, incluindo accións individuais para o coñecemento das ferramentas e fontes de información cara a busca de emprego, recursos do servizo público de emprego e elaboración do curriculum”.

O rexedor manifestou a importancia do PIE coma un espazo de aprendizaxe en habilidades laborais, “pero estou seguro que tamén de crecemento persoal.

Aprendestes novas habilidades profesionais, pero tamén traballastes valores tan importantes como a empatía, o compañeirismo, a igualdade ou a capacidade de superación”.

Pérez Barral para finalizar recoñeceu que non é doado atopar un posto de traballo, “pero programas coma este demostran que, con apoio, formación e ilusión, é posible avanzar. De feito, na edición anterior acadamos un 50 % de inserción laboral, e nesta seguimos camiñando nesa mesma dirección. Iso demostra a capacidade de cambio que teñen os programas que poñemos en marcha para mellorar a empregabilidade”.

O acto celebrouse na sala polivalente do auditorio na que tiveron lugar as intervencións das autoridades, a proxección dun vídeo-resumo do programa e a entrega de diplomas aos participantes. Rematouse cuns petiscos no vestíbulo do auditorio elaborados polos alumnos/as do CIFP de Coroso do Grao Básico de Cociña e Restauración.