null O Concello de Ribeira adxudica o contrato de servizos da escola infantil municipal
O Concello de Ribeira adxudica o contrato de servizos da escola infantil municipal
Whatsapp: O Concello de Ribeira adxudica o contrato de servizos da escola infantil municipal

O Concello de Ribeira informa da adxudicación do contrato de servizos da escola infantil municipal.

A finalidade é dar atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos e que poidan ser coidados e educados en contextos de calidade, nos que se responda ás súas necesidades, se respecten os seus dereitos, crezan seguros e integrados nas súas comunidades e nos que sexan axudados a desenvolver tódalas súas capacidades. Este servizo público responde tamén ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal. Actualmente conta con 128 nenos e nenas matriculados.

O orzamento máximo de licitación situouse nos 691.694,49 euros anuais, exento de IVE, cun prazo de vixencia de 33 meses e un valor estimado de 2.495.344,21 euros. A única empresa que concorreu ao proceso foi Aurora, Pilar y Ana S.L., para o cal se valorou o proxecto educativo e de xestión, resultando adxudicataria por un importe de 657.000 euros anuais, exento de IVE, cunha vixencia de 33 meses. É dicir, o contrato final ascende a 1.806.750 euros, financiados con fondos propios e subvención da Consellería de Política Social e Xuventude.