null Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar
Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar
Whatsapp: Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou onte na apertura da quinta edición de Gastromar, promovida pola Asociación de Empresarios, coa colaboración de varias entidades, entre elas, o Concello. A praza de España convértese do 20 ao 23 de agosto nun mercado culinario a ceo aberto onde degustar lirio, polbo, ameixas, navallas ou camaróns.

Ademais, ofrécense exhibicións gastronómicas a cargo de cociñeiros de prestixio, así como obradoiros familiares. "Sen dúbida, agosto estanos deixando moi bo sabor de boca coa cantidade de citas gastronómicas axendadas no noso calendario: a Festa do Percebe, a Festa da Navalla, o Gastromar e na vindeira semana tamén a Festa do Polbo", manifestou Sampedro.

A rexedora felicitou á patronal polo seu dinamismo e fixo fincapé en que "enxalzar o produto do noso mar é enxalzar ao sector estratéxico por excelencia de Ribeira; é enxalzar aos nosos mariñeiros, mariscadoras, empresas pesqueiras... En definitiva, é poñer en valor a nosa identidade, quen somos."