Novas

Incentivos para a contratación do alumnado do Obradoiro Tahume X
Whatsapp: Incentivos para a contratación do alumnado do Obradoiro Tahume X
Prazo de solicitude ata o 18/08/2025

Os incentivos á contratación por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes, neste caso será para o alumnado do Obradoiro dual de Emprego Tahume X, que rematen o obradoiro co resultado de apto/a

A contratación terá unha duración mínima de 3 meses. A xornada da contratación será a tempo completo. A contratación laboral deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do obradoiro dual de emprego Tahume X, sendo a data de finalización deste o 31/08/2025.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos talleres duais de emprego, é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades de “Traballos de carpintería e Moble” ou coa especialidade de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”.

Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

 

Documentos