Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e concertados, de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Ribeira, para o curso 2025-2026. As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.
A finalidade última das subvencións de comedor é apoiar as unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custe do servizo, preciso para conciliar a vida laboral e familiar.
O programa de conciliación celébrase dende hai anos como unha programación estable adquirindo grande demanda e satisfacción cidadá. Nesta ocasión, é de interese da área de Servizos Sociais impulsar os campamentos de conciliación durante as vacacións do Verán 2025 e do Nadal do 2025/2026, coincidindo coas datas das vacacións escolares, de luns a venres –excepto festivos-- de 09 a 14 h con posibilidade de servizos de conciliación para as familias que o precisen ( servizo madrugadores e servizo de comedor ) . Este programa esta destinado a familias con nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 12 anos co obxectivo de que os máis novos pasen unhas vacacións de ocio e divertimento, nun espazo seguro con profesionais ao seu coidade, aprendendo contidos de todo tipo e en ámbitos relacionados coa cultura, igualdade, o medio ambiente ou as novas tecnoloxías.
Co fin de poder abrir un período de preinscrición para estes campamentos, proponse a aprobación dunha normativa de admisión así como dos prezos públicos de matrícula que deberán aboar os participantes –a través da modalidade de autoliquidación-- unha vez confirmada a súa reserva de praza correspondente, no período que se estableza e achegando a documentación requirida. E polo tanto establécense os seguintes prezos e modalidades de matrícula pola asistencia a ditas actividades:
CONCILIACIÓN DO VERÁN 2025: - Campamento de verán “Xoga con Nós”: Prezo de Matrícula: Xullo: 85 € - Agosto: 85 € - Xullo e Agosto: 150 €
- Campamento de inglés “Summer Camp”: Prezo de Matrícula: Xullo: 95 € - Agosto: 95 € - Xullo e Agosto: 170 €
- Campamento urbano: Prezo de Matrícula: 42 €
- Verán completo: Xullo e Agosto de “Xoga con Nós” + Campamento urbano: 180 € Xullo e Agosto de “Summer Camp” + Campamento urbano: 200 €
CONCILIACIÓN NADAL 2025: - Campamento “Nadal Concilia”: Prezo de matrícula: 40 €
Ademais interesados en contribuír na diminución do esforzo que pode representar para familias incluídas dentro dos colectivos vulnerables para facilitar a participación nestas actividades con prezo público deste programa, proponse a aplicación dun desconto do 20% sobre o importe de matrícula aos fillos/as das familias que reúnan algunha das seguintes condicións ou circunstancias, e así o acrediten previamente mediante a aportación dos documentos pertinentes (non serán acumulativos no caso de darse máis dunha circunstancia): - Familias que teñan o TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA. - Familias acolledoras oumonoparentais que o acrediten documentalmente co certificado oficial. - Familias con dous ou máis inscritos/as nesta actividade: o desconto aplicaríase na matrícula do segundo fillo/a e sucesivos. - Familias nas que, ao menos, un dos seus membros sexa DESEMPREGADO/A DE LONGA DURACIÓN (que teñan acreditado un período de inscrición ininterrompido como desempregados/as na oficina de emprego de 180 días se fosen menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade, e de 365 días se fosen maiores de 25 e menores de 45 anos de idade, debendo presentar vida laboral e/ou certificado de períodos de inscrición na Oficina de Emprego). - Familias nas que o propio participante acredite unha DISCAPACIDADE DE AO MENOS O 33% (acreditando tal condición co certificado de discapacidade).
Na mesma liña proponse a reserva do 10% das prazas dos campamentos (bonificación 100% taxas) para emerxencia social (12 para Xoga con Nós, 3 para Summer Camp, 5 para campamento urbano, 8 para Nadal), estando estes participantes exentos do pago da matrícula correspondente. Estes participantes deberán derivarse dende a área dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribeira a través dun informe ou relación detallada elaborada polos profesionais do departamento.
Polo tanto, o ingreso máximo por prezo público de matrícula sería:
En canto ao custo deste servizo, adxudicouse á empresa Golfiño Xestión de Ocio S.L. á aprobación da prórroga para o ano 2025 tal e como consta no Decreto de Alcaldía do 11/04/2025 de “Campamentos de conciliación do verán e nadal cultural no Concello de Ribeira”, e tomando como referencia o prego técnico establécense as seguintes estimacións para o período que engloba esta proposta (verán 2025 e Nadal Cultural 2025/26):
Entendemos que co fin de chegar ao maior número de familias e tendo en conta o momento actual en canto á economía das mesmas, débese propoñer un prezo público accesible para a cidadanía, solicitando ao Concello que achegue a restante financiación para cubrir o custo total desta actividade de gran demanda da poboación, tal e como contempla a ordenanza municipal C3 reguladora do prezo público por impartición de cursos, ludotecas, viaxes, campamentos xuvenís e outra actividade de carácter deportivo e sociocultural nos artigos 4.2 e 4.4 da ordenanza.
NORMATIVA DE ADMISIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CAMPAMENTO: PRAZAS, DATAS, LUGAR. CAMPAMENTO DE VERÁN “XOGA CON NÓS” Período: do 1 de xullo ao 29 de agosto de 2025 (41 días). Número de prazas: 120 participantes. Agrupamentos de máximo 30 participantes. Destinatarios: Nenas e nenos nados de 2016 a 2021. Lugar de celebración: Espazo a determinar polo Concello de Ribeira. O horario: de 09:00 h. a 14:00 h.
CAMPAMENTO DE INGLÉS “SUMMER CAMP” Período: do 1 de xullo ao 29 de agosto de 2025 (41 días). Prazas: 30 participantes. Destinatarios: Nenas e nenos nados de 2012 a 2015. Lugar: Espazo a determinar polo Concello de Ribeira. Horario: de 09:00 h. a 14:00 h.
CAMPAMENTO URBANO Períodos: Do 23 ao 30 de xuño de 2025 e do 1 ao 5 de setembro de 2025 (11 días). Prazas: 50 participantes. Destinatarios: Nenos e nenas nados de 2012 a 2021. Lugar: Espazo a determinar polo Concello de Ribeira. Horario: de 09:00 h. a 14:00 h.
CAMPAMENTO MULTIDISCIPLINAR “NADAL CONCILIA” Período: do 23 de decembro de 2025 a 5 xaneiro de 2026 (8 días). Número de prazas: 75 participantes. Destinatarios: Nenos e nenas nados de 2016 a 2021 Lugar de celebración: Espazo a determinar polo Concello de Ribeira. Horario: de 09:00 h. a 14:00 h.
Admisión de participantes con diversidade funcional: As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos: - Facer constar a súa condición no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisara. - Presentar o certificado oficial de grao de discapacidade no momento da solicitude e que no mesmo non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.
- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver. - Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. - Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
PRAZOS E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ábrese un prazo de preinscrición do 30 de maio ao 12 de xuño de 2025 (para os campamentos de verán) e do 20 de novembro ao 03 de decembro de 2025 (para os campamentos de Nadal), período no que poderán anotarse todas as persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos cubrindo a ficha de inscrición xunto coa documentación obrigatoria correspondente. As solicitudes faranse a través do Rexistro Xeral do Concello de Ribeira. Deberase realizar un rexistro por cada participante a inscribir aos efectos de que cada un deles dispoña do seu correspondente nº de solicitude:
• De maneira presencial na Oficina de Ateción ao Cidadán (OAC) Casa do Concello(Antigo Auditorio) e Departamento de Servizos Sociais, Praza 8 de marzo s/n baixo Ribeira. (Horario de aatención ao público de 9.00 h. a 14.00 h.) presentando a ficha de inscrición cuberta, folla de autorización, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor e demais documentación esixida. • De forma telemática (necesario certificado dixital) a partir das 9:00 h do primeiro día de prazo. a través da web www.ribeira.gal no seguinte apartado – SEDE ELECTRÓNICA- TRÁMITES DESTACADOS
· SOLICITUDE XENÉRICA. Deberase tramitar a solicitude de carácter xeral e axuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta, folla de autorización asinada, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor e demais documentación esixida. Documentación OBRIGATORIA necesaria para a realizar a solicitude: - Ficha de inscrición debidamente cuberta (Anexo I) indicando CAMPAMENTO ELEXIDO - Autorización de participación debidamente cuberta (Anexo II). - DNI ou folla do libro de familia correspondente ao participante. - DNI do pai/nai/titor responsable. - Certificado de empresa (si corresponde, de cada proxenitor) para ter en conta o criterio da prioridade na admisión (se non se presenta acompañando á solicitude en prazo non se terá en conta e non poderá ser emendado cara ao criterio de prioridade na admisión). - Se ten dereito a bonificación do prezo da matrícula deberá presentar ademais copia da documentación acreditativa: título de familia numerosa, certificación de familia acolledora, certificación de discapacidade, certificación de monoparentalidade, acreditación de desemprego de longa duración, etc.
LISTAXES DE ADMISIÓN E AGARDA: Para os campamentos de verán as listaxes de admisión, agarda e vacantes publicaranse o 16 de xuño, e para os campamentos de Nadal publicaranse o 12 de decembro. As listaxes publicaranse na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal. Tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, na lista publicarase o nº de rexistro de entrada da solicitude. Os requisitos de prioridade para a participación, en caso de superar as prazas ofertadas, serán os seguintes por orde de prelación:
- Persoas empadroadas no municipio de Ribeira. - Vítimas de violencia de xénero con menores a cargo. - Familias con ambos cónxuxes traballadores, ou monoparentais traballando durante ese período. - Familias nas que traballe un dos proxenitores. - Unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados (persoas dependentes, ingresos hospitalarios, etc.) - Mulleres en situación de desemprego que estean o vaian a realizar accións formativas nese período. - Familia numerosa. - Por rigorosa orde de inscrición segundo o número do Rexistro. Se quedasen solicitudes en agarda iranse cubrindo as baixas por orde de inscrición segundo a listaxe de espera. Nestes casos o departamento de servizos sociais contactará previamente co solicitante para comunicarlle dita circunstancia e confirmar o seu interese por participar na actividade. Se quedasen prazas vacantes dispoñibles, poderanse facer novas inscricións dos xeitos anteriormente citados nos prazos a determinar pola Concellería de Servizos Sociais, sendo cubertas as vacantes por rigorosa orde de solicitude.
PRAZOS E FORMAS DE PAGO: As persoas que aparezan como admitidas na listaxe deberán realizar o pagamento do importe correspondente (con ou sen bonificación) mediante autoliquidación do 17 ao 21 de xuño (para os campamentos de verán) e do 19 ao 22 de decembro (para os campamentos de Nadal). Aqueles participantes admitidos que non realicen o pago neses prazos non poderán asistir á actividade e serán dados de baixa en beneficio da listaxe de agarda.
*INSTRUCCIÓNS DE REALIZACIÓN DE PAGO: Entrar na web municipal www.ribeira.gal, no apartado SEDE ELECTRÓNICA-TRÁMITES DESCATADOS - AUTOLIQUIDACIÓNS, e cubrir os datos que se requiren para o “TRIBUTO: PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS” seleccionando no apartado datos de cálculo: Tipo de actividade: opción do campamento correspondente – meses inscritos – bonificación: si ou non”. O pago poderá facerse directamente a través da opción PAGAR ONLINE ou IMPRIMIR RECIBO e realizalo na sucursal bancaria ou no seu caixeiro. Importante: antes de realizar o pago deberase verificar que o importe que se amosa na pantalla corresponde co da modalidade de campamento escollida. Unha vez realizado o pagamento deberase entregar a xustificante do mesmo ao monitorado o día de comezo da actividade; será requisito indispensable para o acceso e participación na actividade, senón non poderán entrar.