Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de subvencións ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e concertados, de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Ribeira, para o curso 2025-2026.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.
A finalidade última das subvencións de comedor é apoiar as unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custe do servizo, preciso para conciliar a vida laboral e familiar.