De conformidade co previsto no artigo 9.3 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícanse as bases reguladoras das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade, ano 2025.
Servizos
- Servizos Sociais Comunitarios
- Escola Infantil Municipal
- Deportes
- Centro de Información a Muller (CIM)
- Conservatorio profesional de música
- Escola Municipal de Ballet
- Cultura e festexos
- Unidade de Condutas Adictivas (UCA)
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras e urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral (Emprego)
- Xuventude
Servizos Sociais Comunitarios de Ribeira:
Praza 8 de Marzo s/n.
Edificio Mirador de Padín
15960 · Ribeira
servizossociais@ribeira.gal
- Anuncio BOP CONVOCATORIA AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A AUTONOMÍA PERSOAL.pdf (pdf 105,2 kB)
- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A.pdf (pdf 462,1 kB)
- ANEXO 1: MODELO DE SOLICITUDE (pdf 293,3 kB)
- ANEXO II: AUTORIZACIÓNS (pdf 272,8 kB)
- ANEXO V: DECLARACIÓN DE AXUDAS (pdf 202,8 kB)
- ANEXO VI: DECLARACIÓN ESTAR AO CORRENTE DE PAGO COAS OBRIGAS TRIBUTARIAS (pdf 196,4 kB)
Novas
- Pérez Barral: “O SAF é esencial, pero non debería recaer só nos concellos”
Ribeira, 12 de agosto de 2025 — Hoxe o alcalde, Luís Pérez Barral, informou dos servizos mínimos no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ante a previsión da convocatoria de folga que hai prevista en Galicia para este mércores 13 de agosto.
O rexedor manifestou a importancia deste servizo que definiu de “básico e elemental para o coidado das persoas maiores”. Dito servizo foi creado hai 16 anos, en concreto no ano 2009. Pérez Barral salientou este servizo supón unha “competencia impropia da administración local”, argumentando que non deberían ser os concellos os que estean administrando este servizo esencial. “O SAF implica un custo que repercute nas arcas públicas municipais, no caso de Ribeira supón máis de medio millón de euros anuais que debemos poñer de fondos propios”. O alcalde tamén deixou claro que segundo a propia lei esta competencia debería asumila a partes iguais, o Estado e a Xunta de Galicia.
Pérez Barral tivo palabras para as traballadoras do SAF, concretamente lembrou a traballadora asasinada no Concello do Porriño; “o sucedido lévanos ás administracións locais a esixir que a Xunta de Galicia volva recuperar a necesidade de elaborar os informes técnicos que avalíen en que domicilios se poden facer estes servizos e tamén con que prestacións porque as traballadoras de axuda no fogar deberían ter tódalas garantías de seguridade e tamén ver melloradas as súas condicións laborais”.
Barral informou tamén que dende a Federación de Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) está en conversas coa Xunta de Galicia, “para equipar o custo real do servizo porque ata do agora a Xunta está dando 12 euros aproximadamente por hora e o custo real do servizo pasa dos 22 euros”. En resumo, estase a reclamar que se cumpra a Lei de Dependencia que “significa que as dúas administracións –Estado e Xunta– se comprometan a financiar este servizo esencial para a cidadanía.
Con respecto á folga de mañá, anunciou que o Concello de Ribeira asinou un decreto para poder garantir uns servizos mínimos –aseo, alimentación e mobilidade– e que os horarios poden verse alterados pola propia folga.