De conformidade co previsto no artigo 9.3 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícanse as bases reguladoras das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade, ano 2025.
Servizos
- Servizos Sociais Comunitarios
- Escola Infantil Municipal
- Deportes
- Centro de Información a Muller (CIM)
- Conservatorio profesional de música
- Escola Municipal de Ballet
- Cultura e festexos
- Unidade de Condutas Adictivas (UCA)
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras e urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral (Emprego)
- Xuventude
- Anuncio BOP CONVOCATORIA AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A AUTONOMÍA PERSOAL.pdf (pdf 105,2 kB)
- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A.pdf (pdf 462,1 kB)
- ANEXO 1: MODELO DE SOLICITUDE (pdf 293,3 kB)
- ANEXO II: AUTORIZACIÓNS (pdf 272,8 kB)
- ANEXO V: DECLARACIÓN DE AXUDAS (pdf 202,8 kB)
- ANEXO VI: DECLARACIÓN ESTAR AO CORRENTE DE PAGO COAS OBRIGAS TRIBUTARIAS (pdf 196,4 kB)
Novas

O Concello de Ribeira fixo entrega de alimentos non perecedoiros destinados a dúas entidades sociais que prestan os seus servizos no municipio: Cáritas e ICE Renovación. O obxectivo é incrementar o respaldo dende a Administración local a estas dúas entidades para proporcionar axuda por estas datas a persoas en situación de vulnerabilidade.
Por tal motivo, dende a Concellería de Servicios Sociais investíronse máis de 4.000 euros en alimentos básicos como galletas, aceite, fariña, leite, pasta ou arroz.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, manifesta que "a maiores da axuda que prestamos directamente dende o Concello, queremos tamén reforzar os bancos de alimentos de dúas entidades de encomiable labor no noso municipio como son Cáritas e ICE Renovación, especialmente nestas datas, e axudar así con algo tan esencial como é a alimentación a persoas en situación de vulnerabilidade. Non hai dúbida da vital importancia que ten o noso tecido asociativo neste aspecto."

En sentido similar tamén se pronuncia o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, para quen "damos continuidade a esta colaboración con dúas entidades que son importantísimas no establecemento de sinerxías coa Administración local cara a amplificar a capacidade de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños."

