De conformidade co previsto no artigo 9.3 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícanse as bases reguladoras das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade, ano 2025.
Servizos
- Servizos Sociais Comunitarios
- Escola Infantil Municipal
- Deportes
- Centro de Información a Muller (CIM)
- Conservatorio profesional de música
- Escola Municipal de Ballet
- Cultura e festexos
- Unidade de Condutas Adictivas (UCA)
- Educación
- Normalización lingüística
- Obras e urbanismo
- Medio Ambiente e Benestar Animal
- OMIC
- Orientación Laboral (Emprego)
- Xuventude
- Anuncio BOP CONVOCATORIA AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A AUTONOMÍA PERSOAL.pdf (pdf 105,2 kB)
- BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONOMICAS INDIVIDUAIS PARA FAVORECER A.pdf (pdf 462,1 kB)
- ANEXO 1: MODELO DE SOLICITUDE (pdf 293,3 kB)
- ANEXO II: AUTORIZACIÓNS (pdf 272,8 kB)
- ANEXO V: DECLARACIÓN DE AXUDAS (pdf 202,8 kB)
- ANEXO VI: DECLARACIÓN ESTAR AO CORRENTE DE PAGO COAS OBRIGAS TRIBUTARIAS (pdf 196,4 kB)
Novas

A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Ribeira celebrará no sábado, 18 de abril, a súa tradicional gala-cea na que se homenaxearán a persoas e entidades e que contará con máis de 500 asistentes, polo que se logran recadar arredor de 14.000 euros. A gala comezará ás 20.30 horas, seguida da cea, ás 22.00 horas, no salón de eventos do restaurante Chicolino. Neste ano, o recoñecemento recaerá no deportista Juan Luis Martínez Queiruga, na Asociación Cultural Barbantia e no doutor Luis Ángel León Mateos.
Segundo explicou a presidenta da xunta local ribeirense, María José Carreira, a distinción a Juan Luis Martínez fundaméntase no seu quefacer no eido deportivo ao longo de 30 anos, o cal transcendeu máis alá de Ribeira e fixo que o Club Natural Sport se convertese nun exemplo de elite deportiva a nivel nacional e internacional. En canto a Barbantia, destacou o seu bo facer na democratización do coñecemento, elevando a comarca a un novo modelo cultural. E, no que respecta ao doutor Luis Ángel León, fixo fincapé no seu intenso labor de humanización no tratamento das enfermidades oncolóxicas e o imprescindible e destacado traballo de investigación.
En representación da entidade tamén estiveron a vicepresidenta, Ramona Paz, e a secretaria, María Jesús Paz, quen destacou a importancia de facer cribados para a detección precoz do cancro, pois "salva vidas."
"Será unha xornada tinguida de verde, que é tamén a cor da esperanza para avanzar na loita contra esta enfermidade. Nesta tarefa é necesaria a investigación, a prevención e o apoio a pacientes e familiares; un labor que fai a Asociación Española Contra o Cancro de maneira exemplar para acadar o obxectivo de superar o 70% de supervivencia ao cancro en 2030. E quero destacar aquí o traballo que fan dende a xunta local de Ribeira para recadar fondos, sensibilizar á cidadanía e estar a carón de quen padece esta enfermidade e da súa contorna. Andainas, mesas informativas... é grande o dinamismo da AECC no noso municipio, pero máis grande é o forte impacto positivo que ten na sociedade", en palabras do edil de Sanidade, Vicente Mariño.
A gala será presentada por Kika Fernández e a tarde-noite estará amenizada por Amores de Barra, Mimarte e sesión DJ.
A totalidade das entradas xa foron vendidas a un prezo de 50 euros cada unha.

