null Ribeira acollerá “con Alas”, un programa de lecer para adolescentes que buscan o seu espazo
Ribeira acollerá “con Alas”, un programa de lecer para adolescentes que buscan o seu espazo
Whatsapp: Ribeira acollerá “con Alas”, un programa de lecer para adolescentes que buscan o seu espazo

Ribeira, 8 de outubro de 2025 — A Asociación ÁGAPE poñerá en marcha este mes de outubro o programa “Ocio con Alas”, unha proposta de lecer dirixida a adolescentes de Ribeira e comarca do Barbanza que buscan un espazo seguro onde pasar o tempo libre, coñecer xente e participar en actividades adaptadas aos seus intereses.

 

Na presentación estiveron presentes, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concellira de Cultura, Antía Alberte, a presidenta de Ágape, Ana Ruth Arnoso, a terapeuta ocupacional, Alba Rodiño  e a integradora social, Nancy Silva.

O proxecto desenvolverase na Casa da Xuventude de Ribeira, en horario de tardes os venres, e conta co apoio do Concellería de Xuventude e educación do Concello de Ribeira. Que, ademáis de facilitar o espazo apoiaron a súa financiación xunto co Fondo Social da Cofradía da Dorna e as entradas Solidarias da Obra de Teatro “Enraizadas”. Gracias a todo esto poderase levar a cabo o programas ata o mes de xuño do próximo ano.
“Ocio con Alas” nace para ofrecer unha alternativa a mozos e mozas que, por diferentes razóns, non atopan con facilidade un grupo de amizades ou espazos nos que se sintan cómodos, creando así un punto de encontro seguro, respectuoso e participativo, onde expresarse e compartir tempo de maneira activa.

Estrutura do programa

O proxecto desenvolverase entre outubro de 2025 e xuño de 2026, dividido en tres fases que acompañan o proceso de crecemento e autonomía da mocidade.
As sesións estarán guiadas por Alba Rodiño, terapeuta ocupacional e técnica en inclusión social especializada en neurodiverxencias, e Nancy Silva, terapeuta en xestión emocional e técnica en inclusión (Apertas de Cores).


As fases do programa serán as seguintes:

1. Niño seguro (outubro-decembro): actividades de cohesión, creatividade e confianza, para coñecerse e sentirse parte dun grupo.
2. Ás curtas (xaneiro-marzo): encontros quincenais que alternan planificación e saídas na comunidade, fomentando iniciativa e participación.
3. Voar alto (abril-xuño): actividades abertas e dúas saídas longas fóra de Ribeira, elixidas polo propio grupo segundo os seus intereses.
Nesta fase final, o obxectivo é que, ao rematar o programa, conten con ferramentas e confianza para organizar de forma autónoma as súas propias saídas e encontros, segundo os seus intereses e coas persoas afíns do grupo.

Participación
“Ocio con Alas” está aberto a todas as persoas preadolescentes e adolescentes que busquen un espazo diferente, sen presións nin etiquetas, especialmente a quen non conta cun grupo de iguais estable ou non se sinte incluído nas propostas de ocio habituais.
As familias tamén participarán en encontros de inicio, seguimento e peche, acompañando o proceso.

Metodoloxía
As sesións combinarán xogo, creatividade, convivencia e planificación, nun clima de respecto e seguridade.

Aplicarase unha metodoloxía vivencial, flexible e progresiva, con apoios visuais, rutinas claras e espazos tranquilos cando sexa necesario, adaptándose ás necesidades individuais e grupais.

O obxectivo é favorecer autonomía, participación social e expresión emocional, acompañando a cada participante desde o que é.

Inscricións

As inscricións poden realizarse a través do teléfono e canles habituais da Asociación ÁGAPE.

Contacto:
info.asociacion.agape@gmail.com.

Teléfono: 602 44 21 55
As prazas son limitadas e a participación require ser socio/a da entidade e realizar unha pequena achega mensual para cubrir materiais e actividades.

A presidenta de Ágape concluíu que Ocio con Alas “quere converterse nun programa estable de encontro e crecemento persoal para a mocidade, ofrecendo un espazo de lecer onde cada rapaz e rapaza poida gañar confianza, autonomía e vínculos reais, que perduren máis alá do propio programa”.

 


 

Documentos